CRTVG

Buscar

Portugal pasa á terceira e última fase de desconfinamento e abre case todo

Publicado o 30/05/2020 23:32

O luns que vén Portugal pasa á terceira e última fase de desconfinamento. Isto supón que practicamente todo estará aberto e todos os servizos en funcionamento.

Aínda que preocupa unha pequena repunta de casos de Covid en Lisboa, os datos de incidencia da desescalada avalan pasar á última fase do desconfinamento o vindeiro luns. Os nenos de preescolar poderán volver ás aulas, abren cines, teatros e museos. Todas as administracións terán as súas portas abertas para atender os cidadáns e os centros comerciais, tan utilizados polos portugueses, tamén abrirán as súas portas.

Volve a liga de fútbol e outras competicións deportivas e vaise incentivar a volta ao traballo nos espazos laborais habituais. Pero atención, trátase dunha última fase, non da entrada na nova normalidade. Iso significa que as restricións e medidas de seguridade continúan. Por certo, que hai dúas excepcións, os locais de lecer nocturno e os ximnasios. Aínda non se ten data de apertura para eles.

Noticias web

30/05/2020