CRTVG

Buscar

Portugal non poderá abrir o comercio ata as 10 da mañá

Publicado o 16/09/2020 16:35

Novo horario decretado polo executivo central luso para todos os comercios do país.

O cambio incrementa o desfasamento horario que xa existía respecto á nosa comunidade. Os galegos poderemos comezar as compras en Portugal ás 11 hora española, para algúns demasiado tarde.

A maioría dos comerciantes portugueses dos municipios da raia non están de acordo co novo horario.

Para outros non terá grandes consecuencias.

En localidades como Valença os galegos representan o 80 por cento da clientela do seu comercio polo que prefiren unificar horarios nos dous territorios.

Noticias web

16/09/2020