CRTVG

Buscar

Portugal estuda rebaixar un 50% o prezo das súas autovías

Publicado o 22/04/2019 16:27

A pouca utilización das autovías no centro e sur de Portugal pode beneficiarnos aos galegos. Debátese na Asembleia da República a posibilidade de reducir un 50% as peaxes das autovías do país para incentivar a súa utilización.

Portugal investiu centos de millóns, en gran parte de axudas europeas, en construír estas autovías que vertebran o territorio, pero que son pouco utilizadas. As rebaixas poderían chegar ao 75% no caso dos vehículos eléctricos. No caso da autovía A-28 que une a fronteira con Galicia e O Porto, sufriu unha gran crise no 2010 cando se lle instalou unha peaxe que se traduciu nun descenso de usuarios. Aínda que o tráfico aumentou no último ano considerablemente, esta medida podería darlle un pulo definitivo.

Noticias web

22/04/2019