CRTVG

Buscar

Pontevedra, a provincia máis afectada polas fortes chuvias desta madrugada

Publicado o 15/12/2019 14:51

Os maiores rexistros foron en Cotobade, acumuláronse 54,7 litros por metro cadrado. En Fornelos de Montes, 54,6. E tamén houbo precipitacións abondosas en Cuntis, Vilanova de Arousa e Pontevedra, cidade onde un barrio viviu asolagamentos nas entradas dos edificios, en garaxes e en locais comerciais. Esta mañá os veciños afanábanse en limpar e en devolverlles a orde aos espazos. Nalgún caso foi precisa a axuda dos bombeiros. 

 

 

Noticias web

15/12/2019