CRTVG

Buscar

Mantense a alerta en Pontevedra malia que baixa a incidencia da pandemia

Publicado o 28/11/2020 14:40

Os datos da pandemia na cidade de Pontevedra non son os agardados a pesar das restricións de mobilidade e a pesar do peche da hostalaría.

A incidencia baixa nesta cidade pero non dabondo para as autoridades sanitarias. 278 casos diagnosticados nos últimos catorce días.

Baixa o número de hospitalizados, 50, e tamén baixou o número de ingresados na UCI, seis. Pero nas últimas 24 horas aumentou o número de novos positivos respecto a onte. Un total de 55 mediante probas PCR.

E todo isto acontece a poucas semanas de que comece o Nadal. Para moitas persoas, o problema está na relaxación no ámbito familiar.

Sanidade xa anunciou que programará novos cribados para aumentar a detección de positivos polo coronavirus para unha área sanitaria, a de Pontevedra-O Salnés, que conta con 1.167 casos activos, é dicir, 33 menos ca onte.

Noticias web

28/11/2020