CRTVG

Buscar

Pontevedra inicia o cribado de hepatite C e VIH

Publicado o 05/04/2019 16:46

A área sanitaria de Pontevedra e do Salnés vai poñer e marcha un programa para detectar persoas que teñen o virus da hepatite C ou o VIH e non o saben. No primeiro ano prevé diagnosticar e tratar polo menos 54 pacientes con VIH e 212 con hepatite C.

A partir de maio, os pacientes de entre 20 e 70 anos que acudan ao seu médico nos 44 centros de saúde da área sanitaria de Pontevedra e do Salnés poderán facer a proba da hepatite C, se non a fixeron previamente. Nos últimos catro anos tratáronse nesta área sanitaria máis de 850 infectados, pero quedan arredor doutras 800 sen diagnosticar.

O número de infectadas polo VIH está aumentando. O ano pasado detectáronse 54 novos casos en Pontevedra, fronte aos 12 ou 14 de anos anteriores. Os médicos lembran que os tratamentos frean a evolución da doenza e impiden que siga trasmitíndose. A proba ofreceráselles a pacientes de entre 20 e 59 anos.

O obxectivo do programa é amplialo a toda Galicia para frear a sida e converter en residual a hepatite C.

 

Noticias web

05/04/2019