CRTVG

Buscar

Polo menos 38 mortos nas protestas contra o golpe de Estado en Birmania

Publicado o 03/03/2021 19:47

Polo menos 38 persoas morreron este mércores en Birmania nunha nova xornada de protestas contra a xunta militar, violentamente reprimidas polas forzas de seguridade, segundo a enviada especial da ONU, Christine Schraner Burgener. Hoxe foi o día máis sanguento desde que ocorreu o golpe, dixo Schraner Burgener nunha conferencia de prensa para repasar a situación no país asiático desde que os militares tomaron o poder o mes pasado.

As manifestacións en rexeitamento do golpe militar continuaron este mércores ao longo do país, a pesar da brutal represión policial, que só o domingo causou a morte de 20 manifestantes, a maioría por mor de disparos da Policía. 

Noticias web

03/03/2021

Máis sobre actualidade