Policías de Ohio, nos EUA, rescatan unha muller que caera a un río co seu coche
Publicado o 27/11/2020 16:06
Varios policías de Ohio, nos Estados Unidos, rescataron unha muller que caera co seu coche a un río. A operación foi difícil porque era de noite, o coche estaba afundíndose e a muller estaba atrapada dentro.
Os policías formaron unha cadea, e un deles meteuse no río. Chegou ata o vehículo, rompeu a fiestra cun martelo e conseguiu rescatar a ocupante cando a auga xa case enchía o interior.
A condutora quedara durmida ao volante, e chamou a emerxencias cando espertou e viu o que ocorría. Segundo os axentes, se chegan uns minutos máis tarde, estaría afogada.
Máis sobre actualidade
16/01/2021 21:34
16/01/2021 21:30