CRTVG

Buscar

Polémica veciñal polos lindes do concello: votan no Porriño e pagan contribución en Mos

Publicado o 16/01/2020 16:02

Esta beirarrúa pertence ao concello do Porriño, pero se cruzamos a estrada comezan as dúbidas. Estas veciñas pagan a contribución en Mos, porén están censadas no Porriño, onde votan nas eleccións, onde figura a súa dirección de correo e onde fan toda a súa vida.

Á marxe dos sentimentos, que están ben claros, a problemática agocha un conflito nas lindes entre os concellos de Mos e O Porriño que dificulta moito calquera xestión para uns veciños que administrativamente parecen estar en terra de ninguén.

Toda esta documentación vaise entregar nas próximas horas na comisión que se vai celebrar entre os dous concellos, en que estarán os representantes veciñais á procura de solucións.

Os afectados agardan que a razón triunfe para poder votar e pagar como veciños dun mesmo concello.

Noticias web

16/01/2020