CRTVG

Buscar

Polémica polo estacionamento das autocaravanas no campus de Santiago

Publicado o 28/07/2020 17:06

Esta é a zona de aparcadoiro para autocaravanas de Salgueiriños, en Santiago.

Aquí aparcan a diario entre 20 e 30 destes vehículos, pero o estacionamento pecha ás oito da tarde, o que fai que algúns busquen outros lugares máis próximos ao centro como a zona do campus.

Pero a sorpresa chegoulles esta mañá, cando a policía os desaloxou do campus sur.

A presenza destas autocaravas espertou certo malestar entre os usuarios, que ven cada vez máis complicado atopar un sitio onde estacionar.

Os donos das autocaravanas reiteran que non é o mesmo aparcar que acampar, e desde o Concello aseguran que as autocaravanas teñen prohibido estacionar no centro urbano, agás nas zonas habilitadas para iso.

 

 

Noticias web

28/07/2020