CRTVG

Buscar

Polémica tras falar Pablo Iglesias de "naturalizar" os insultos a xornalistas

Publicado o 08/07/2020 15:12

Hai polémica polas declaracións de Pablo Iglesias en que lexitimaba as críticas aos xornalistas. Así contestaba o vicepresidente cando lle preguntaban polas informacións dalgúns medios sobre o caso do roubo da móbil á súa asesora no Parlamento Europeo.

"Creo que hai que naturalizar que nunha democracia avanzada, calquera que teña unha presenza pública e calquera que teñan responsabilidades nunha empresa de comunicación ou na política está sometido tanto á crítica como ao insulto nas redes sociais", apuntou Iglesias.

O presidente do Goberno Pedro Sánchez referiuse a estas palabras e di que defende a liberdade de prensa.

As críticas non tardaron en chegar. O líder do PP, Pablo Casado, di que usar a sala de prensa da Moncloa para criticar os medios é antidemocrático.

 

 

Noticias web

08/07/2020