Polémica no Concello de Lugo na negociación polo repartimento das dedicacións exclusivas
Publicado o 28/06/2019 15:21
Polémica no Concello de Lugo na negociación polo repartimento das dedicacións exclusivas. O Partido Popular denuncia que, malia que subiu un concelleiro, o Goberno de Lara Méndez quere darlle un salario e un asesor menos ca no anterior mandato. Pola contra, segundo fontes municipais, o bipartito PSOE-BNG pretende que os seus trece concelleiros cobren dedicacións exclusivas.
Socialistas e nacionalistas non quixeron facer hoxe declaracións. O PP pídelles consenso antes do pleno de organización.