CRTVG

Buscar

Polémica cos esmaltes de xel para manicuras semipermanentes

Publicado o 31/12/2019 14:18

Levan anos de moda e artistas como Rosalía remataron de popularizalas. Son manicuras pero semellan arte. Para conseguilas, empregan técnicas estéticas con produtos que comportan certos riscos para a saúde. Na polémica están os acrilatos.

"Os acrilatos son uns materiais derivados do plástico e que son moi útiles para moitas cousas, dende pegamentos para feridas, ata para facer dentes ou para facer uñas. Hai unha fase da formación de produtos cos acrilatos que é o período de xel, o período en que hai po, o período que non está ben fusionado, ben seco e nese momento pode producir eccema de contacto nas partes máis insospeitadas, como pode ser nas pálpebras, no pescozo, onde nos cae unha gota", afirma Hugo Alberto Vázquez Veiga, que é xefe do sevizo de Dermatoloxía do CHUS.

Por iso, pídenlle á Europa unha lexislación para un uso só profesional.

"Ten que ser un profesional o que traballe con este produto, porque ti tes que facer un asesoramento. Hai veces que non podemos poñer un semipermanente basicamente porque a uña non está sa", fala Eva Quintáns, manicurista.

Para manipular os esmaltes, os profesionais deberían usar luvas, dedís, lentes e máscara. "Realmente, facendo ben as cousas, os metacrilatos no fondo poden ser produtos seguros, pero, evidentemente, sabendo utilizalos", apunta o doutor Vázquez Veiga.

Se esta demanda prospera, será a fin da comercialización dos kits de uso doméstico.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/12/2019