CRTVG

Buscar

Podemos proporá un imposto para as grandes fortunas malia o rexeitamento do PSOE

Publicado o 12/05/2020 21:12

Este martes reunironse no Congreso a Mesa e os voceiros da comisión de reconstrución social e económica pola crise do coronavirus. Acordaron aprobar o plan de traballo tras o pleno do mércores. O xoves decidirán os comparecentes, os equipos das diferentes áreas e o calendario. Finalmente saíu adiante a opción dunha comisión exprés que logre antes de xuño un plan de reconstrución co máximo consenso posible. Unidas Podemos confirmou que presentará na comisión a creación dun imposto para as grandes fortunas.

"Facer recaer a maior parte do peso impositivo sobre os mil patrimonios máis altos do noso país, permitiría ter un sector público máis forte para coidar mellor a cidadanía e para saír con máis capacidade desta crise", explicou Pablo Echenique.

O Goberno non cre necesario crear un novo imposto sobre a riqueza. A voceira María Jesús Montero respondía así á proposta de Unidas Podemos de crear un novo tributo que grave os patrimonios superiores ao millón de euros: "Ter unha fiscalidade dirixida á riqueza pode facerse por diferentes fórmulas, desde a revisión das figuras fiscais que existen actualmente, e hai outras categorías fiscais en que podemos seguir traballando sen necesidade de que haxa ningun tipo de figura expresa".

Noticias web

12/05/2020