CRTVG

Buscar

Podemos pregunta de forma telemática pola coalición

Publicado o 23/11/2019 17:56

Tamén se iniciou hoxe, ás dez da mañá, a consulta ás bases de Podemos, o outro socio do posible goberno de coalición. Os potenciais electores na consulta telemática da formación morada superan o medio millón, aínda que o censo realmente activo é significativamente menor: 228.000 dos seus inscritos. Preguntáselles se están de acordo con participar nun goberno de coalición nos termos do preacordo asinado por Sánchez e Iglesias, e teñen aberto o sistema de votación telemática ata o mércores vindeiro. Coma en consultas anteriores, todo apunta a que as bases apoiarán amplamente a aposta de Iglesias. Neste proceso, votan por separado os militantes de Izquierda Unida, a forza minoritaria de Unidas Podemos. Son preto de 40.000.

Noticias web

23/11/2019