CRTVG

Buscar

Podemos Galicia asegura que segue en conversas con Anova e que no seu proxecto "non sobra ninguén"

Publicado o 15/02/2020 14:42

O Secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, que se confirmaba como precandidato para liderar o proxecto do seu partido de cara ás vindeiras eleccións autonómicas, terá que competir con outra precandidatura, a de Martín Bardelas López.

Gómez-Reino eludiu este sábado aclarar se o seu partido irá en coalición con Anova aos comicios. Asegura que seguen en conversas. Insiste en que non se trata de que desde Podemos se intente impoñer nada e que no seu proxecto na carreira cara a Xunta "non sobra ninguén"

Noticias web

15/02/2020