CRTVG

Buscar

Podemos elixir entre unha trintena de escumosos galegos para brindar nestas festas

Publicado o 29/12/2019 12:50

Hai dez anos que esta adega de Valdeorras decidiu apostar pola elaboración de viños escumosos. Dende aquela non deixou de aumentar a producción e as vendas.

Botellas coma estas que sairán agora ao mercado. Están elaboradas seguindo o método tradicional do Champanoie, cunha dobre fermentación primeiro en depósito e despois nas propias botellas.

Xa estaría listo para etiquetar. Esta adega elabora escumosos brancos, rosado e tinto. A maior parte consómese en Galicia, pero tamén vai para fóra.

Cristina é enóloga especializada na elaboración de escumosos. Hai un par de anos deciciu sacar ao mercado o primeiro viño destas caractísticas da Ribeira Sacra. Elabórao nunha cova natural.

Un viño ligado a Galicia dende hai máis dun século, aínda que nos últimos anos as súas vendas disparáronse. Neste 2019 saíron ao mercado máis de 100.000 litros. Unha alternativa galega para brindar durante estas festas.


 

Noticias web

29/12/2019