CRTVG

Buscar

Podemos e PSOE repróchanse o bloqueo da investidura

Publicado o 25/07/2019 14:42

O PSOE deu por rotas as negociacións xa a tarde pasada ao considerar inasumibles as peticións de Podemos, que filtraron á prensa, unha vicepresidencia e cinco ministerios. Para o PSOE esixencias, para Podemos unha opción flexible. Nin a chamada de Sánchez e Iglesias serviu para desencallar a situación.

A tres horas da votación, chegou a última proposta de Podemos, que presentaron como máis modesta: unha vicepresidencia de dereitos sociais e igualdade e tres ministerios: Sanidade, Ciencia e mantiñan o principal escollo nas negociacións Traballo, polas competencias sobre o salario mínimo e a reforma laboral.

A dirección do PSOE estaba reunida cando chegou a contraoferta de Podemos, que tardaron minutos en rexeitar, argumentando "é máis do mesmo".
 

Noticias web

25/07/2019