Planas anuncia en Viveiro o inicio das consultas para a nova lei de pesca
Publicado o 14/01/2021 14:49
O Goberno central anuncia o inicio das consultas coas comunidades e co sector pesqueiro para deseñar unha nova lei de pesca sostible que será aprobada este ano.
Anunciouno o ministro Luis Planas durante unha visita a Porto Celeiro, en Viveiro, onde participou nunha xuntanza cos axentes do sector. Planas defendeu os logros conseguidos no ámbito da Unión Europea para que o impacto do 'brexit' na redución de capturas sexa menor, dixo, do que pretendía o Reino Unido.
De feito, dixo que España, a diferenza doutros países, descarta paradas temporais ou despezar barcos.
Máis sobre actualidade
14/04/2021 21:44