CRTVG

Buscar

Plan para expulsar os estorniños en Lugo

Publicado o 10/01/2020 20:36

Cando cae a noite os estorniños comezan a sobrevoar a cidade de Lugo. Fano en grandes grupos e compoñen auténticas nubes negras. Estímase que hai unha poboación de 30.000 exemplares e malia o curioso dos seus coordinados voos o problema é a sucidade que deixan ao seu paso. As zonas máis afectadas son as contornas dos parques, dado que acoden alí para acubillarse nas árbores. Non hai zona que se libre dos seus excrementos que acaban enporcándoo todo. Os bancos dos parques e os xogos dos cativos están totalmente inutilizados e os coches estacionados na rúa acaban así.

Para facerlle fronte a esta situación o Concello contratou unha empresa especializada en control de aves. A traves de diversos métodos incruentos a media tarde comezan a molestar os estorniños para non deixalos descansar e obrigalos así a marchar da cidade.

O son da carraca é xa un habitual nos parques pero os métodos varian segundo a localización das mandas aínda que o obxectivo é o mesmo, expulsalos da cidade.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2020