CRTVG

Buscar

Pione Sisto xa é xogador do Mitjylland

Publicado o 07/09/2020 21:11

Este foi un dos anuncios máis emocionantes para o celtismo e non foi unha fichaxe. O momento no que Pione Sisto se convertiu por fin en parte do seu pasado. O extremo danés volve ao Midtjylland, o club no que se formou e que o recibiu do mellor xeito posible. Cos seus pais facéndolle unha danza sursudanesa na sala de prensa, como cando foi convocado por primeira vez coa súa selección.

Chegaba despois o momento das explicacións de Pione. E aí tampouco decepcionou. O xogador tivo unha especie de epifanía cando estaba a piques de asinar polo Copenhague. "Ás veces entras nunha habitación cun obxectivo, pero cando estás aí, esqueces por qué estás aí. Tiven un momento moi especial, coma se espertase", revelou Pione.

Cando terminou de espertar decidiu tirar abaixo o acordo do Celta co Copenhague e volver a Vigo. Algo que a estas alturas sorprendeu a moi poucos, porque como di Sisto: "ao principio foilles difícil entender como fai as cousas Pione. Agora non foi unha sorpresa. O bo é que xa me van coñecendo." Mágoa que xusto cando o empezan a entender decidise marchar.

 

Noticias web

07/09/2020