Pione Sisto, a piques de abandonar o Celta e volver a Dinamarca
Publicado o 06/08/2020 16:45
E todo apunta a que Pione Sisto deixa o Celta. De feito está por Dinamarca. A punto de comprometerse co Mitilland, o seu club de orixe. Pione adestrouse estes días coa camiseta do equipo en que comezou a xogar ao fútbol cando era un cativo.
Pione Sisto volverá ao seu país e o Celta recibiría tres millóns de euros. Anunciouno nas últimas horas o programa Ao contraataque da Radio Galega.