CRTVG

Buscar

Piden un plan de conservación da carballeira de San Lourenzo tras a caída dunha póla de grandes dimensións

Publicado o 05/11/2019 14:35

Esta mañá continuaba a retirada dos anacos da póla de grandes dimensións que onte caeu dun dos carballos de San Lourenzo, en Santiago. O accidente causoulle feridas leves a unha transeúnte e obrigou a cortar a estrada durante preto de dúas horas.

A carballeira forma parte da contorna do Pazo de San Lourenzo e está considerada un ben de interese cultural. Nela hai algo máis de 30 carballos que teñen entre medio século e século e medio de antigüidade. Os veciños da zona aseguran que é frecuente a caída de pólas e advirten do perigo que supoñen para viandantes e tráfico rodado. Ao parecer, o ano pasado o Concello realizou unha avaliación da carballeira e non detectou problemas graves, aínda que no exame non se incluíu a árbore da que onte caeu unha póla.

O colectivo veciñal solicita que se repita a avaliación realizada o ano pasado e que se realice unha poda intensiva para evitar novos sustos.

Noticias web

05/11/2019