CRTVG

Buscar

Piden quince meses de cadea para o home que fuxiu a cabalo pola N-120 e agrediu uns axentes

Publicado o 13/10/2020 15:08

Un home fuxiu a cabalo dun bar e despois agrediu os axentes. Hoxe xulgárono no xulgado do Penal de Ourense.

Impútaselle un delito de atentado e lesións polo que podería ir ao cárcere un ano.

O suceso aconteceu en xuño do ano pasado, pola noite. O home estaba nunha cafetería, ao parecer púxose agresivo con clientes e ao fuxir do establecemento todos quedaron perplexos.

Colleu un cabalo e púxose a galopar pola N-120 en medio de varios turismos.

Os axentes lograron localizalo, pero ao querer facerlle a proba de alcolemia comezou a agredilos. Reducírono e quedou detido.

 

Noticias web

13/10/2020