CRTVG

Buscar

Os propietarios de lavandarías piden que se pechen para evitar contaxios

Publicado o 18/03/2020 14:33

Din estar sumidos na confusión e na indefensión. O sector das lavandarías de autoservizo cre que, mal levadas, poden ser un foco de contaxio.

"Encontrámonos ante unha indefensión por carencia de medios de hixiene e carencia de comunicación por parte dos medios oficiais sobre como levar o servizo neste tipo de establecementos. Son botoneiras que se tocan coas mans".

Non teñen empregados que velen presencialmente polo cumprimento das medidas de hixiene.

"Non sacudir a roupa sucia antes de introducila nas máquinas e non dobrar a roupa lavada nas mesas".

"Precisamente onte, e nós temos imaxes disto, dúas persoas sentadas no chan, sen ningún tipo de separación menor a un metro e permanecendo dentro do local".

Estas lavandarías non se consideran un servizo básico, xa que non traballan co sector sanitario. Ademais, a confinación dos clientes failles baixar a facturación.

"Diariamente, desde o estado de alarma, temos entre un 10 e un 20% da facturación dun día normal, tanto na fin de semana como nun día laboral".

Os propietarios destes negocios buscan organizarse para poder presionar en bloque.

Noticias web

18/03/2020