Piden a dimisión da presidenta das Baleares tras ser identificada de madrugada nun bar cando estaba prohibido
Publicado o 22/10/2020 15:19
Polémica nas Baleares, onde xa piden a dimisión da presidenta, Francina Armengol. O mércores día 7 pola noite a policía identificouna nun bar de copas da capital mentres estaba vixente a prohibición de apertura de locais nas zonas de marcha.
Armengol fora identificada á porta dun local, sobre as dúas da madrugada, ao que acudiron os axentes da policía para pechalo por estar incumprindo as medidas de peche para frear esta segunda onda do coronavirus.
Máis sobre Política
15/01/2021 19:15