CRTVG

Buscar

Piden 5 anos de prisión para un adestrador de Ribadeo por manter relacións cunha menor

Publicado o 24/09/2020 11:13

En Lugo, a Fiscalía da Audiencia Provincial pide 5 anos de prisión e 6.000 euros de indemnización para un adestrador de Ribadeo por manter relacións cunha menor de 16 anos.

Segundo o escrito da acusación, entre 2016 e 2017 mantivo contactos de natureza sexual con dúas xogadoras do equipo ao seu cargo, aproveitándose da súa posición de referente e autoridade como adestrador deportivo.

Pola súa parte, o acusado nega os feitos, polo que a defensa pide a libre absolución.

 

Noticias web

24/09/2020