Piden 15 anos de prisión para o home de Vigo acusado de violar sistemáticamente a filla da parella
O caso máis arrepiante xulgouse en Vigo, onde un home respondeu das acusacións de violar sistematicamente a filla da súa parella cando era só unha nena.
Esta mañá prestaron declaración o acusado, a vítima e outro menor ( a porta pechada) e a nai da cativa. O acusado negou os feitos Na sala púidose escoitar unha gravación de móbil en que o home recoñecía ter protagonizado xogos coa nena, que daquela tiña once anos; a acusado dixo non recoñecer nin a voz nin a imaxe da vivenda. Todas as partes puideron ver tamén os restos biolóxicos dos suposto agresor sexual que foron o detonante polo que a nai se decatou dos presuntos abusos.
A defensa tentou a nulidade do xuízo porque a detención foi efectuada pola policía local e non a policía xudicial. A fiscalía pide quince anos de cárcere para o home que xa está en prisión provisional e unha indemnización de máis de 52.000 euros.
Os feitos denunciados ocorreron cando a nena tiña entre once e trece anos de idade e foron denunciados pola nai en setembro de 2018.