CRTVG

Buscar

Pharmamar presenta hoxe os resultados do seu ensaio clínico con Aplidin

Publicado o 19/10/2020 07:47
Pharmamar presenta hoxe os resultados do seu ensaio clínico con Aplidin

Será hoxe cando a biofarmacéutica española PharmaMar presente os resultados do seu ensaio clínico con Aplidin para o tratamento de adultos con coronavirus.

A semana pasada anunciou que o seu estudo conseguira obxectivos de seguridade e eficacia e que comprobaran unha notable reducción da carga viral nos doentes.
O tratamento foi aplicado a tres grupos de pacientes hospitalizados, e, ao cabo de 30 días, ningún deles presentaba síntomas ligados á covid−19.
As accións de Pharmamar acumulan neste ano un crecemento do 215 %.

Noticias web

19/10/2020