CRTVG

Buscar

Unha parella de pescadeiros ofrecen receitas e exhiben o seu produto por internet

Publicado o 02/03/2019 16:50

Txema e  Beatriz teñen un posto de peixe no mercado de Teis. Pero tamén xestionan unha canle de youtube. Nela fan receitas, exhiben o produto ou buscan "padriños" para os peixes. Desque iniciaron a súa andaina incrementaron as vendas un dez por cento.
Txema e Beatriz rexentan esta peixería pero tamén unha canle de youtube. En ambolos casos traballan de xeito profesional tanto que teñen estrea todos os venres ás oito da tarde e tamén programación propia.
A operadora de cámara é Beatriz, aínda que tamén manexan unha Go-Pro. É un equipo semiprofesional en que investiron máis de mil euros.En clave de humor ensinan os peixes algúns de bo tamaño como o choco de tres quilos, o congro de 20 ou o lumbrigante de dous. Venden por internet e por redes sociais e levan as encargas ás casas. O mundo cambia e as peixerías reinvéntanse.

Xa teñen varios proxectos máis en mente: vender peixe cociñado,colaborar con algún restaurante e embarcar aos grandes caladoiros mundiais como o Gran Sol para facer máis programas, para iso precisarán do apoio dunha canle ou dunha produtora.

Noticias web

02/03/2019