Persoeiros de Vigo solidarízanse co banco de alimentos da cidade
Publicado o 15/05/2020 15:04
Son rostros moi coñecidos por todos. Persoeiros do mundo da cultura, do deporte ou da moda, pero, sobre todo, son un grupo de amigos que decidiron poñer o seu gran de area para que as limitacións que impón o coronavirus non deixaran desabastecido o Banco de Alimentos de Vigo.
E neste contexto decidiron impulsar a que xa é a primeira operacion Quilo on line do Banco de Alimentos, na que calquera persoa pode a través de Internet adquirir cestas de alimentos a diferentes prezos para garantir o abastecemento.
Os impulsores fan un chamamento á solidariedade. É posible seguir axudando a máis de vinte mil familias a través das novas tecnoloxías.
Unha inciativa pioneira que xa pensan en trasladar a outros bancos de alimentos de España.
Máis sobre Vigo
05/03/2021 21:18
04/03/2021 16:59