CRTVG

Buscar

Percorre 440 quilómetros en dez días para visibilizar a hipertensión intracranial idiopática

Publicado o 27/04/2019 21:43

Adrián Cortijo, o ultramán máis novo de Europa, chega a Compostela despois de percorrer 440 quilómetros en dez días. Completou o camiño do Norte dende Llanes cun único obxectivo: visibilizar a hipertensión intracranial idiopática. A experiencia foi dura pero pagou a pena.

Membros da asociación ADEFHIC, de familiares e doentes que padecen esta enfermidade rara, viaxaron dende distintos puntos de España para recibilo no Obradoiro. A patoloxía causa un incremento da presión intracranial, coma se fose un tumor, sen causa xustificada.

A maioría das persoas que a sofren pasan anos de consulta en consulta cun diagnóstico erróneo de hemicranias. Montse é unha das dúas doentes galegas pertencentes á asociación. Despois de anos de dor insoportable, conseguiu poñerlle nome á súa enfermidade en Cataluña.

A familia de Adrián tamén quixo recibir no Obradoiro o seu heroe particular. Están orgullosos porque ademais de correr tivo tempo para facer un sorteo solidario. Os cartos destinaranse a investigar esta doenza que, polo momento, non ten cura.

Noticias web

27/04/2019