CRTVG

Buscar

Pendentes dos resultados da autopsia de Blanca Fernández Ochoa

Publicado o 05/09/2019 14:18

A primeira identificación de Blanca por parte dos seus familiares foi posible grazas aos obxectos persoais que aínda levaba, como colares, o reloxo e a pulseira. Agora terán que ser os forenses os que certifiquen esa indentificación ben polas impresións dixitais ou polo ADN xa que o corpo está en avanzado estado de descomposición debido ás altas temperaturas da zona.

Blanca Fernández Ochoa morreu, posiblemente, o 24 de agosto e non o fixo de xeito accidental ou violento. Aínda que haberá que esperar á autopsia e as análises de sangue para coñecer as causas concretas. Os investigadores barallan que ou ben puido morrer por causas naturais ou ben puido ter un compoñente de voluntariedade. Pero admiten que ata que os forenses non rematen o seu traballo tampouco poden descartar por completo unha causa accidental e insisten no mal estado do cadáver.

Fernando Grande-Marlaska, ministro do Interior en funcións: "Deixemos que todos traballen e todo se desenvolva polos termos precisos sen facer ningún tipo de conxecturas, nin valoracións, senón que simplemente as institucións traballan e traballan adecuadamente".

Estas son as primeiras conclusións ás que chegou a policía poucas horas despois de que o can dun suboficial da Garda Civil que estaba fóra de servizo atopase o seu corpo no miradoiro da Peñota, un pico de case dous mil metros de altitude frecuentado por deportistas.

Noticias web

05/09/2019