CRTVG

Buscar

Pelexa de madrugada no barrio da Milagrosa, no primeiro sábado de restrición de medidas

Publicado o 30/08/2020 21:13

Aínda que pareza mentira, estas imaxes son desta madrugada da zona cero da pandemia en Lugo, no Camiño Real, na Milagrosa. Unha pelexa entre un grupo de persoas o primeiro sábado en que estaban en vigor as novas e estritas restricións impostas por Sanidade no barrio.

Testemuñas presencias aseguran que a pelexa comezou nun local para despois trasladarse á rúa. Cando chegou a policía xa só quedaban dúas persoas.

 

Noticias web

30/08/2020