CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez reúnese con Leopoldo López na sede do PSOE

Publicado o 27/10/2020 17:04
Pedro Sánchez reúnese con Leopoldo López na sede do PSOE

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, reuniuse este martes co líder opositor venezolano Leopoldo López, a quen recibiu na sede do PSOE en Madrid.

O Partido Socialista informou da reunión con López, quen chegou a España hai dous días logo de abandonar o seu país de forma clandestina pola fronteira colombiana.

"O PSOE desexa unha vía pacífica" á crise de Venezuela, "porque o pobo venezolano debe sufrir o mínimo", reza a mensaxe do partido de Sánchez.