CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez participa na cea oficial do cumio do G-7

Publicado o 25/08/2019 21:33

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, participa nestes momentos na cea oficial do cumio do G-7 por invitación do presidente de Francia, Emmanuel Macron.


Sánchez chegou esta tarde ao aeroporto de Biarritz na compaña da súa dona e foron recibidos no hotel du Palais polo matrimonio Macron. Nunha mensaxe en Twitter sinalou que a cea de líderes é unha oportunidade para tratar "os grandes retos que afronta a sociedade internacional como a loita contra a desigualdade, o cambio climático e o libre comercio".

Noticias web

25/08/2019