CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez arroupa a Gonzalo Caballero en Ourense

Publicado o 27/06/2020 15:45

Primeira incursión do secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno na campaña galega. Pedro Sánchez apoiou o candidato socialista nun mitin en Ourense. Gonzalo Caballero reivindicou a xestión feita polo PSOE durante a pandemia e comprometeuse a reforzar os servizos públicos se chega ao goberno da Xunta. En concreto anunciou a convocatoria de 5 mil prazas para a sanidade pública e a posta a disposición do alumnado de ordenadores e conexión de datos para todos os estudantes.
Pedro Sanchez, pola súa banda, pediu a mobilización do electorado para que Galicia poida ter un executivo leal co Goberno de España.

Noticias web

27/06/2020