CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez abre con Casado a rolda de contactos coa oposición

Publicado o 27/08/2020 08:45

Pedro Sánchez abrirá a rolda de contactos coa oposición o 2 de setembro. O primeiro en pasar pola Moncloa será o líder do PP. Pablo Casado acode ao encontro sen garantir grandes acordos. Sobre a mesa, a loita contra a pandemia, os orzamentos e a renovación de órganos institucionais.

Sánchez prioriza nesa rolda a Ciudadanos. Recibirá a Inés Arrimadas antes que os socios de investidura, como Esquerra.

Noticias web

27/08/2020