CRTVG

Buscar

Péchase o ocio nocturno e non se poderá fumar na rúa sen distancia en toda España

Publicado o 14/08/2020 13:10

• A hostalaría terá que pechar á 1 da noite e non poderá recibir clientes desde as 12, e haberá restricións nas visitas ás residencias

• Recoméndase non reunirse en grupos de máis de 10 persoas

• As medidas acordáronas o Ministerio de Sanidade coas comunidades autónomas por unanimidade

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, convocou para este venres unha reunión extraordinaria do Consello Interritorial do Sistema Nacional de Saúde para abordar coas comunidades autónomas a evolución da pandemia do coronavirus, en que se acordaron por unanimidade as seguintes medidas:

Medidas

Prohíbese o ocio nocturno: é obrigatorio o peche de discotecas, salas de baile e bares de copas. Nos locais de hostalaría, a distancia entre mesas terá que ser de polo menos metro e medio e mesas con grupos de non máis de 10 persoas. Tamén obrigan a pechar á 1:00 da madrugada (e non poder admitir novos clientes a partir das 00:00 horas).

Illa anuncia tamén que o consumo de alcol na rúa estará controlado con maior esixencia polas autoridades.

Prohíbese fumar nos espazos públicos en que non poida garantirse a distancia de seguridade de dous metros. O ministro Illa sinalou que o "mellor é non fumar" en calquera caso por motivos de saúde e para evitar riscos.

As persoas que vaian ingresar nos centros sociosanitarios terán obriga de facer PCR con 72 horas de antelación á entrada, tanto usuarios como traballadores.

Limítanse as visitas a estes centros de xeito progresivo, unha por persoa e cunha duración dunha hora. Tamén se limitan as saídas dos usuarios residentes.

Establécese a obriga de facer cribados de PCR por grupos ou contornas con moitos contaxios.

Recomendacións

Illa tamén sinalou recomendacións que hai que ter en conta, como limitar os encontros sociais aos grupos estables e non facer reunións de máis de dez persoas.

En ampliación