CRTVG

Buscar

Pechan unha escola infantil de Cambre tras detectar un caso de covid-19

Publicado o 27/11/2020 17:14
Pechan unha escola infantil de Cambre tras detectar un caso de covid-19

A Consellería de Educación decretou o peche da escola infantil A Barcala do municipio coruñés de Cambre tras detectarse un caso de coronavirus. Trátase do segundo centro educativo clausurado pola pandemia desde o inicio de curso.

Deste xeito, a E.I. A Barcala súmase á tamén escola infantil A Xirandola de Santiago, cuxo peche foi decretado o pasado venres e mantense sete días despois. Así figura no balance de casos de covid-19 nas aulas galegas remitido este venres pola Consellería de Educación, que contabiliza, con datos acutalizados ata o xoves, un total de 1.106 positivos nos centros educativos con 51 aulas pechadas e dous centros clausurados.

Deste xeito, os casos activos volven experimentar unha caída ata situarse nos 1.106, 41 menos dos que notificados no anterior balance. Con todo, o número de aulas en corentena sobe de novo e son xa 51, nove máis que hai 24.

O CEIP Fogar de Carballo mantense como o centro máis afectado pola pandemia aínda que encadea varios días de baixada no número de casos activos, que son nestes momentos 20, dous menos que na xornada anterior. Tamén continúa a área de Vigo como o distrito con maior número de casos nos seus centros educativos pese ao descenso nos contaxios, que caen en 17 respecto das cifras do xoves e sitúanse agora en 317.