Pechan os ximnasios, deporte só ao aire libre e con máscara
Publicado o 25/01/2021 22:03
A partir do xoves esta imaxe, tomada esta tarde en Ourense ás beiras do Miño, estará prohibida. Terán que correr con máscara e sós.
Facer deporte individual ao aire libre será a única alternativa, a partir do mércores ximnasios e centros deportivos teñen que estar pechados.
Seguen suspendidas todas as competicións deportivas autonómicas, si se celebrarán as de nivel nacional e internacional, pero sen público.
A práctica de deporte si permitida terá que cumprir o peche perimetral e o toque de queda ás dez.