CRTVG

Buscar

Pecha pola pandemia o bar da bohemia brasileira, fundado por emigrantes galegos

Publicado o 24/11/2020 22:32

Resulta raro entrar en Casa Villarino e non escoitar balbordo, conversas, copas, música... O da música, polo menos nesta noticia, ten remedio. Poñémoslla nós. Música de Vinicius de Moraes e Tom Jobim, pais da bossa nova e dous dos grandes da música brasileira. Coñecéronse nestas mesas, presentáronos en 1956 para que fixeran xuntos unha banda sonora. De aí unha amizade para toda a vida e momentos coma este de 1978.

Din que a bossa nova é triste, tamén din que naceu neste lugar. Sen bossa nova e sen vida Casa Villarino vive hoxe un dos días máis tristes da súa vida. Bota o peche obrigada pola pandemia e a crise. Obrigada a anuncialo no berce e punto de encontro de artistas, intelectuais, diplomáticos e políticos.

Fundada por emigrantes galegos aquí acaba só unha parte da historia. Agardan que a vacina poida reabrir sete décadas ininterrompidas de bohemia.


 

Noticias web

24/11/2020