CRTVG

Buscar

Pauleta, na procura da química do gol

Publicado o 11/02/2020 20:05

Paula Domínguez, Pauleta, esta redondelá de 22 anos, é a figura do Benfica, o mellor club feminino de Portugal. "Chamoume o meu axente e díxome: 'Hai isto, que opinas?'. Eu díxenlle que flipaba, basicamente", lembra a xogadora.

E está arrasando: 14 vitorias, 99 goles a favor e só un en contra. E no peto, a Supertaça, cun golazo de Pauleta, que se ilusiona coa evolución do seu deporte: "Eu vivín o fútbol cando non era tan mediático nin abrían estadios grandes para xogar. Entrar ao campo e ver as nenas con carteis pedindo a camiseta é algo que marca moito e queda, porque é bonito".

O fútbol feminino está a medrar, pero aínda está lonxe do nivel do masculino: "Nós temos que pensar diferente, temos que pensar que o que imos cobrar durante a nosa carreira deportiva non nos vai dar para nada máis que para un par de anos".

E por iso Paula ten que compaxinar o fútbol profesional coas clases. Estuda Química na Universidade de Lisboa e ten unha rutina ben esixente: "De 8 a 8:30 chegamos e almorzamos, imos adestrarnos, despois vimos aquí a comer, dous días á semana temos ximnasio e despois a clase".

Así é Pauleta, unha goleadora galega en Portugal.

Noticias web

11/02/2020