CRTVG

Buscar

Patrullas da Garda Civil prestan especial atención aos maiores do rural

Publicado o 30/03/2020 14:12

Como non se poden recibir visitas, a da Garda Civil é toda unha sorpresa. O estado de alarma non fixo senón reforzar os labores da Garda Civil e aínda máis o das patrullas do rural, que intensificaron a súa presenza para prestar unha atención especial aos maiores que viven sós ou que residen en zonas illadas.

Os axentes interésanse por como estas persoas están cubrindo as súas necesidades básicas, sobre todo de alimentos e de medicación, e de paso, prodúcese un momento de conversa que resulta tan beneficioso como uns primeiros auxilios. As patrullas aproveitan a comunicación para dar tamén algún consello de seguridade.

Só na provincia de Pontevedra os maiores de 65 anos constitúen o 22% da poboación.

Noticias web

30/03/2020