CRTVG

Buscar

Pasaron 25 anos do Compostela 4-0 Deportivo, con Vázquez no banco santiagués

Publicado o 23/10/2020 09:34

O pasado 10 de setembro fixo 25 anos daquela goleada do Compostela o Deportivo na Primeira División.

Catro a cero en San Lázaro e o propio Xosé Ramón marcou no minuto 36 o que era o seu primeiro gol como xogador picheleiro. O maior dos irmáns González Pérez recén chegara o equipo de Santiago cumpridos tres meses desque levantara no Bernabéu a Copa do Rei co Superdépor.

Antes ca Xosé Ramón xa marcara Fabiano o un a cero, e o brasileiro repetiu no terceiro. Un golazo con pase de Ohen que levantou o público en San Lázaro. Ohen pechou a goleada nun partido no que tamén se fixo a estrea mundial das carreiriñas á toleira de Fernando Vázquez pola banda. Non era para menos.

Os composteláns asinaron a mellor das súas catro campañas en primeira naquel campionato 95-96. foron subcampións de inverno detrás do Atlético de Madrid e remataron décimos na liga.

Noticias web

23/10/2020