CRTVG

Buscar

Pasa a disposición xudicial o Melillero, acusado de atacar con ácido a exparella e unha amiga

Publicado o 18/01/2021 16:46

O Melillero pasou este mediodía a disposición xudicial en Fuengirola. Está acusado de atacar con ácido a súa exparella e unha amiga desta, que seguen hospitalizadas en estado grave.

O presunto autor acolleuse ao seu dereito a non declarar, tras negar os feitos ante a Garda Civil e culpar uns amigos do ataque.

Os axentes detiveron o Melillero despois de catro días fuxido, e posteriormente arrestaron outras cinco persoas da súa contorna como presuntos cómplices.

Noticias web

18/01/2021