CRTVG

Buscar

Envían a prisión a muller que intentou matar a moza da súa ex-parella en Vigo

Publicado o 03/07/2019 10:54

Decretan o ingreso en prisión da muller detida por intentar matar a moza da súa ex-parella en Vigo. A acusada acaba de saír dos xulgados de Vigo nun furgón policial con destino ao cárcere da Lama. A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Vigo, acordou o seu ingreso en prisión comnicada e sen fianza. A muller está investigada polos delictos de homicidio en grao de tentativa e detención ilegal. 

A medida de ingreso en prisión acórdase, solicitada polo Ministerio fiscal, ao entender que existe risco de fuga pola gravidade dos feitos investigados, así coo para evitar que poida atententar contra bens xurídicos da vítima e impedir a alteración de medios de proba.

Segundo fontes policiais, agardouna na escaleira ata que chegou de madrugada, asaltouna coitelo en man, obrigouna a entrar na vivenda, a encher a bañeira e a espirse, e feriuna nunha coxa e nun brazo.

A veciña avisara a policía e, cando os axentes chegaron, a presunta agresora abriulles coa roupa manchada de sangue e co coitelo no bolso.

A vítima chegaba de traballar de madrugada cando a súa presunta agresora a sorprendeu agochada nun descanso da escaleira. Segundo fontes policiais, ameazouna cun coitelo para que entrara na vivenda e obrigouna a tomar somníferos. Unha veciña escoitou ruídos estraños e sospeitou que algo ía mal.

A presunta agresora obrigou a vítima a encher a bañeira e espirse, e feriuna cun coitelo nunha coxa e nun brazo. Ao escoitar os seus saloucos e os ruídos no baño, a súa veciña alertou a policía. 

Cando os axentes advertiron de que ían entrar na vivenda, a presunta agresora abriulles a porta coa roupa manchada de sangue e cun bolso no que portaba un coitelo. A vítima estaba semiespida e ensanguentada.   

Segundo transcendeu da investigación, a vítima é a noiva dunha ex-parella da presunta agresora, que esta mañá pasou a disposición do xulgado de instrución número 1 de Vigo. Ten 54 anos e non conta con antecedentes penais. Está acusada dun delito de tentativa de homicidio. A vítima está fóra de perigo e recupérase física e psicoloxicamente das súas feridas.

Sobre este suceso falou hai escasamente unha hora o voceiro da Policía Nacional de Vigo. Dixo que cando os axentes chegaron a o lugar dos feitos atoparon a vítima en estado de "shock". Segundo se desprende da investigación todo apunta a un  crime paixonal e premeditado 



Noticias web

03/07/2019