'Parte de ti', unha campaña que lles dá voz aos produtores rurais
Publicado o 02/10/2020 15:35
Os produtores rurais do sur de Galicia queren ser 'Parte de ti'. Así precisamente se chama a última campaña de concienciación para fomentar a economía local.
As rosquillas que fai Rosita en Gondomar, as camelias que cultiva Quin en Tomiño ou os mirabeis do Rosal. Son produtos de calidade e proximidade, manteñen vivo o rural e queren formar parte de ti.
Mediante vídeos nas redes, a campaña invita a coñecer dez historias como a de Manu. Un panadeiro do rural porriñés que cada día amasa uns bolos con 4 séculos de historia.
As tendas que vendan estes produtos poderán lucir o distintivo da campaña. Quizais así chegará a facerse realidade o soño de Manu.
Máis sobre Galicia
25/01/2021 16:47