CRTVG

Buscar

Parque temático nun taller de Oleiros

Publicado o 22/01/2021 21:00

Camiña lenta, pero segura. Esta araña mecánica foi a primeira creación que Roberto, coa axuda do seu socio Daniel, logrou ver rematada. "Esta é a máis complexa. É como robótica, todo en plan mecanismos... Hai enxeñeiros que non saben nin como cheguei aquí... dinmo para afagarme".

Roberto di que cando se lle vén unha idea á cabeza non descansa ata que a converte en realidade. E así, pouco a pouco, el e Daniel foron creando o seu particular parque temático. "Está a araña, o dragón, unha quenlla... Todas elas móvense, algunhas mesmo funcionan como bicicletas". "Roberto ten a mente moi inqueda e gústalle facer artiluxios destes para o Entroido e para el mesmo porque lle gusta ver plasmado o que ten na cabeza".

Man a man, ambos os dous invisten nestes proxectos unha morea de horas... sen perder a calma. "Moitas horas de traballo, pero sobre todo moita paciencia porque hai que darlle moitas voltas, proba, fallo, acerto...""Empregamos pezas recicladas. Todo o que cae nas nosas mans, reutilizámolo. Funcionamos así. Non somos ricos..."

Moitos quedan abraiados... E ata eu mesmo quedou sorprendido porque non sei como podo chegar a facer isto... coa axuda do meu socio, claro!"

E se alguén se encapricha dalgunha destas pezas, Roberto di que... todo ten un prezo.

Noticias web

22/01/2021