Paro en Navantia para denunciar incumprimentos no convenio
Publicado o 27/01/2021 13:58

Este mércores os traballadores realizaron un paro dunha hora nos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol. Esixen o cumprimento do convenio colectivo, que expira o 31 de decembro.
Os propio comité recoñece que algúns dos problemas de fondo están en cuestións económicas que dependen da SEPI ou do Ministerio de Facenda. A carga de traballo está pendente do contrato das novas fragatas para a Armada.
Con todo, os traballadores cren que hai cuestións que se poden solucionar xa, como a suba salarial, o reparto da carga de traballo ou as promocións.
Máis sobre Ferrol
04/03/2021 19:58